Universidade de Vigo
Facultade de Fisioterapia Campus de Pontevedra
Facultade De Fisioterapia Pontevedra

Saúdo da Decana

No nome de todos os membros da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra, douvos a benvida a súa páxina web oficial, nela poderás encontrar información académica e cultural sobre a Titulación do Grao en Fisioterapia.

Os estudos de Fisioterapia na Universidade de Vigo deron comezo no curso 1995-1996 e dende entón apostamos pola calidade da nosa formación, somos un referente no ensino universitario da Universidade de Vigo sendo na actualidade unha das titulacións mellor valoradas polos estudantes, e un referente a nivel nacional, o único centro que implantou os catro anos do Grao en Fisioterapia de forma conxunta, así mesmo os nosos egresados contan con recoñecido prestixio a nivel social pola calidade dos servizos que ofrecen, todo isto conseguímolo grazas ó esforzo diario do noso persoal docente e de administración e servizos.

Por último, indicar que a páxina web está en permanente actualización para responder ás suxestións e demandas de información de todos os que a visitan.

A Decana Eva María Lantarón Caeiro